A compañía Que Contas? estrea en Ferrolterra a súa primeira montaxe

A voz tomada poderá verse no Pazo da Cultura de Narón os días 22 e 23 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A compañía Que Contas? estrea en Ferrolterra a súa primeira montaxe

Baixo a dirección de Alfonso Calleja nace en Ferrolterra Que Contas?, unha nova compañía teatral que estrea este 22 de xaneiro a súa primeira montaxe. O proxecto leva a escena A voz tomada, un texto do propio Calleja, nado en Valladolid pero formado e residente en Narón. A obra conta cun elenco de profesionais da comarca, como son Agustín Bolaños, Marián Rei e Silvia Romaus aos que se suma o vilagarcián Josito Porto.

Segundo explica a presentación da montaxe, "o espectáculo comeza cando se abre a billeteira, coa compra da entrada por parte do público, incluídos nel os actores,que máis tarde ocuparán a súa butaca como o resto, a que lles toque. Somerxeranse na escuridade absoluta – na física e na da súa mente – ata que un sector do escenario quede alumado. Esa luz evocará na cabeza dos actores, agora Contadores, o conto que queremos contar, que eles desexaban contar desde hai moito tempo sen saber que tamén era seu. Sairán a escena cando sintan a necesidade de contar esta historia doméstica dun individuo, os seus pais e a súa filla". A obra poderá verse no Pazo de Cultura de Narón os días 22 de xaneiro ás 20:30 horas e o día 23 ás 20h.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrolterra, Pazo da Cultura de Narón, Valladolid, Espectáculo