A pegada da guerra na cultura occidental, as letras das cancións como literatura, Octavio Paz e mais a excentricidade como pauta de creación e vida son os eixes de cada unha das catro sesións que compoñen a segunda xeira do ciclo Nexos. O programa literario da Cidade da Cultura comezará o vindeiro 1 de febreiro e prolongarase ata o 10 de maio con sesión nas que se mesturarán mesas redondas e conferencias mestúranse no programa con actuacións artÃsticas como o recital poético de Deborah Vukusic, un concerto de UxÃa e Sérgio Godinho ou exposicións.