O Diario Oficial de Galicia do pasado 31 de xaneiro recollÃa a primeira convocatoria da liña de subvencións para festivais do sector audiovisual que realiza a Axencia Galega das Industrias Culturais. Con esta nova liña, AGADIC pretende "optimizar, sistematizar e garantir a transparencia" no apoio a uns eventos que ata o de agora dependÃan de convenios puntuais coa administración para conseguir fondos da mesma. En total son 90.000 euros aos que poden optar eventos que conten con máis de tres edicións realizadas e que se desenvolvan ao longo de 2014. Os interesados teñen ata o vindeiro 31 de xaneiro para realizar a súa solicitude. Entre os criterios de valoración estará a programación prevista, a repercusión ou as accións de fortalecemento do sector audiovisual galego.