A Rede de Dinamización aproba as súas propostas para 2014

Internet, o ocio e o ámbito socio económico serán os principais eixes de actuación

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Incrementar a presenza da nosa lingua na rede aproveitando a aprobación do dominio .gal, ao que se inscribirán todos os webs da Administración Autonómica. Promoción de etiquetaxe e venda de produtos en galego. Actividades na nosa lingua orientadas para o lecer e a festa. A creación dn premio ás mellores iniciativas de normalización e dinamización lingüística. Estas son as principais liñas de actuación que prevé desenvolver a Rede de Dinamización Lingüística ao longo de 2014. A Rede, participada por preto de 160 entidades de todo o país, celebrou o pasado luns a súa xuntanza anual na Casa da Matanza en Padrón, sede da Fundación Rosalía de Castro. No encontro fíxose balance da actividade deste ano, no que se desenvolveron máis de 300 iniciativas. Ademais, aprobouse a integración na rede de 28 novos integrantes.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Rosalía de Castro, Fundación Rosalía de Castro, Padrón

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares