A Deputación de Pontevedra incorpórase á Rede de Dinamización Lingüística

A entidade promoverá o galego logo dun acordo con Políca Lingüística

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e mais o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaban onte o convenio polo que as dúas insitucións se comprometen a colaborar na difusión da nosa lingua. Segundo explicaron os dous responsables, este acordo é o primeiro paso na creación da Rede de Dinamización Lingüística coa que a Xunta quere implicar concellos e deputacións no apoio ao galego. O acordo asinado prevé "actividades de asesoramento lingüístico, de formación en lingua galega e de dinamización social".

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Anxo Lorenzo, Política Lingüística, Lingua galega