Seis concellos, os de Oia, Tomiño, Salvaterra de Miño, Beariz, Sanxenxo e Baños de Molgas incorporáronse oficialmente á Rede de Normalización LingüÃstica no transcurso da VII reunión ordinaria anual que esta entidade celebrou o pasado 28 de setembro. Desde xeito, a Rede conta cun total de 193 entidades asociadas, na súa maior parte concellos do paÃs. No mesmo encontro aprobáronse as liñas de acción para este 2019, que prestarán unha especial atención á promoción do uso da lingua galega na mocidade "con intervencións nos ámbitos das festas municipais, do audiovisual, das familias novas ou dos xogos e dos xoguetes", no eido da lusofonÃa "con propostas de accións de especial incidencia nos eidos educativo, cultural e socioeconómico", na protección e difusión da toponimia propia e no sector turÃstico. Canda a isto, a programación prevé tamén accións de sensibilización contra a violencia de xénero e a favor da igualdade.