A Mostra de Teatro Infantil leva 17 montaxes a Ourense

Celebra a décima edición entre o 25 e o 30 deste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Mostra de Teatro Infantil leva 17 montaxes a Ourense

Quince compañías de Galicia, Euskadi, Madrid, Castela a Mancha e Angola-Portugal montarán os dezasete espectáculos que compoñen o programa da X Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI). O evento, que recupera nesta cita o seu carácter internacional, inclúe A Bela Auria pequeniña, unha versión infantil da festa dos anos vinte que se celebra anualmente nas rúas de Ourense. No programa, que se desenvolverá entre os días 25 e 30 deste mes, inclúense propostas como as de Trécola Teatro, Caramuxo, Peter Punk, Teatro da Malta, Talía ou Kandengue Arts.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Montaxes, Angola...