María Cristina Pavón gaña o premio Modesto R. Figueiredo

Dúas obras galegas quedaron finalistas no Premio Nacional de Poesía Miguel Hernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Relato cara a Tianamen Square é a obra coa que María Cristina Pavón Mouriz se impuxo no Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. O premio que convoca a Fundación Padroado Pedrón de Ouro recibiu 61 obras que se disputaron os mil euros do galardón. A entrega celebrarase o 28 de decembro no Concello de Maside. De xeito paralelo, Rosalía Fernández Rial e mais Lorena Souto quedaron finalistas no Premio Nacional de Poesía Miguel Hernández con cadansúa obra escrita en galego. No xurado deste galardón do Ministerio de Cultura, dedicado a creadores de menos de 31 anos, estaba Modesto Fraga Moure como representante da Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Rosalía Fernández Rial, Rosalía Fernández Rial, Maside...