María Esther Carrodeguas gaña o “Pedrón de Ouro” na súa trixésima segunda edición

Sube o pano do Pedrón

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A compostelá María Esther Carrodeguas obtivo co relato “Subir o telón” o premio literario da Fundación Pedrón de Ouro. O xurado no que estiveron presentes representantes da fundación así como da Asociación de Escritores en Lingua Galega, do PEN Clube de Galicia e do Concello de Moaña, considerou a obra de Carrodeguas como a mellor das 57 presentadas. As obras “Mostro no labirinto”, da coruñesa Begoña Paz e “A cota láctea”, do ferrolán César Carracedo levaron tamén dous accésits. Malia que a contía monetaria do premio non é moita, 600 euros ao gañador e 240 euros aos accésits, o Certame Nacional Galego de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo é un dos máis prestixiosos do panorama literario.

Máis información en La Voz de Galicia/p>

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Esther Carrodeguas, Ouro, Escritores, Lingua galega...