O Festival de Cans busca patrocinios para depender menos das institucións

A retirada de apoios do Ministerio e a incerteza das axudas da Xunta motivan a decisión

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cans busca patrocinios privados. A ausencia do festival de cinema do Porriño das axudas do Ministerio de Cultura e a incerteza sobre se a Xunta convocará a tempo a súa convocatoria para eventos deste tipo levou a organización a repetir a experiencia do pasado ano e procurar anunciantes. Aínda que na actualidade os fondos públicos supoñen só o 40% do orzamento do festival, os seus coordinadores procuran diminuír aínda máis esta porcentaxe "para evitar na medida do posible que os atrasos e incertidumes das aportacións públicas afecten á organización do evento". Patrocinar espazos, chimpibuses ou pór anuncios nas proxeccións ou no Canzine, son algunhas das opcións para quen desexe colaborar.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Cine, Ministerio de Cultura, Porriño

Claves

Conceptos
Lugares