Os festivais de cinema ven perigar as axudas da Xunta

A convocatoria deste ano non saíu e xa non se conta con ela

| Santiago. Redacion | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As convocatoria de axudas que a Xunta de Galicia publicou en xullo de 2008 para apoiar a realización de festivais en Galicia non tivo, polo momento, continuidade este ano. Segundo publica Xornal de Galicia boa parte dos organizadores destes eventos non contan xa con que se poida optar a apoios autonómicos este ano. Cultura non se pronunciou polo momento sobre a posible convocatoria destas axudas para 2010. O grado no que os diferentes eventos se poden afectados por esta situación varía desde o Amal, que asegura ter programada a súa vindeira edición sen novidades, ata o Play-Doc, que baralla ter que recortar o orzamento para 2010 xa que o 40% dos seus fondos viñan do apoio autonómico.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Amal, Play-Doc, Xunta de Galicia

Claves

Conceptos