A Universidade de Santiago recupera a mostra Procesalia

Dezanove artistas participan no evento cando se fan dez anos da súa última edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Universidade de Santiago recupera a mostra Procesalia

En 2003 a Igrexa da Universidade, en Compostela, acollía a última edición de Procesalia. Dez anos despois, a Universidade de Santiago recupera este ciclo cunha ollada atrás na que 19 artistas que participaron nas anteriores edicións do encontro. Creacións orixinais para a nova xeira ocupan desde a tarde de onte e ata o vindeiro 15 de xaneiro o espazo desta igrexa. Trátase de fotografías, viddeocreacións, debuxos, performances e todo tipo de propostas a cargo de Ana de Matos, Antón Caamaño, Carlos Sena Caires e Jorge Cardoso (VOID), Rosa Sánchez e Alain Bahuman (Kónic), Kai Takeda, Isaac Cordal, Paula Mariño, Xoan Anleo, Xoán Brión, Eduardo Valiña, Manuel de la Rosa, Carme Nogueira, Monse Rego e Carme Nogueira. Ademais, participan dous novos artistas: Marta Prieto e Nilo Arias.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carme Nogueira, Marta Prieto, Igrexa da Universidade, Brión...