Rivadavia, Tui e Monforte pasan a formar parte dos Camiños de Sefarad

Galicia Sefardí

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Monforte, Tui e Ribadavia conformarán unha subruta de xuderías galegas dentro da rede Camiños de Sefarad que percorre aquelas cidades peninsulares que conservan pegadas da presencia xudía. Non se descarta que no futuro se integren nesta ruta Allariz, Celanova, Betanzos e Mondoñedo.

Camiños de Sefarad


Camiños de Sefarad é unha organización que pretende recuperar a memoria da presencia xudía na Península Ibérica. Dentro desta asociación están integradas xa as cidaddes de Cáceres, Córdoba, Girona, Hervás, Oviedo, Segovia, Tortosa, Toledo, Murcia e Rivadavia. Monforte pediu xa o seu ingreso que posiblemente se faga efectivo co apoio de Oviedo e de Rivadavia logo de presentar un estudio sobre a presencia da comunidade sefardita (os xudeus ibéricos) na cidade.



Pasado xudeu


A revista "Raigame" da Deputación de Ourense recolleu, no seu número de novembro diversos artigos sobre a pegada hebrea en Galicia, entre os que estaba o estudio que Felipe Aira realizou sobre Monforte, no que recuperou importantes fondos documentais inéditos. Esta vila será visitada en Febreiro polo embaixador de Israel en España Herzl Inbar e polo agregado cultural da embaixada Eyal Sela, que xa estivo en Monforte. Tamén pasou pola vila Moshe Shaul, idrector da revista xudeu-española Aki Yerushalayim.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Allariz, Ribadavia, Celanova...