A xunta a asociación Camiños de Sefarad vén de aceptar a entrada de Monforte na rede que reúne as principais cidades con presencia histórica xudÃa do Estado Español. Monforte é a segunda cidade galega, despois de Ribadavia, en entrar nesta rede. Máis vilas galegas aspiran a integrase nesta asociación e a conformar unha ruta que recupere a pegada hebrea en Galicia.
Camiños de Sefarad
A asociación Camiños de Sefarad reúne ás cidades de Cáceres, Córdoba, Girona, Hervás, Oviedo, Segovia, Tortosa, Toledo, Tudela e Rivadavia ás que agora se vén de sumar Monforte. Todas estas cidades teñen en común o feito de contar no seu pasado cunha importante presencia xudÃa que se amosa na forma de xuderÃas, apelidos hebreos, lendas e tradicións.
Esta asociación pretende, coa colaboración do Ministerio de Cultura, conservar e rehabilitar o patrimonion destas cidade, asà como potencialas turisticamente e promover congresos e estudios que recuperen a historia dos xudeus da penÃnsula. Ó mesmo tempo, mediante a recuperación desta memoria, a asociación pretende amosar a historia das cidades que a compoñen como un exemplo de convivencia pacÃfica entre diferentes relixións.
Os xudeus de Monforte
A presencia xudÃa en Moforte tivo que ser certificada mediante exhaustivos estudios para que a cidade puidese ingresar na asociación. AsÃ, o investigador Felipe Aira publicou en novembro do ano pasado un completo informe sobre a pegada dos xudeus na cidade de Lemos, recuperando importantes fondos documentais que estaban inéditos. Felipe Aira sinalou que en Monforte a presencia hebrea foi especialmente forte entre os séculos XVI e XVIII, rexistrándose numerosos apelidos de orixe xudeu coma Coronel, Guadalupe, Gaibor, Céspedes, Fonseca ou Pereira entre outros. A zona próxima ó monte San Vicente foi a parte da cidade onde está rexistrada unha maior concentración de sefardÃes ou xudeus ibéricos, algúns dos cales acadaron notoriedade na vila polos seus traballos coma cirurxiáns, mercaderes ou rexedores.
O camiño cara adiante
Logo da entrada de Monforte na rede Camiños de Sefarad, o alcalde da cidade, Nazario Pin, anunciou que en vindeiras datas iniciarase un programa de actos lúdicos e culturais para conmemorar este feito, e destacou que con este recoñecemento acádase a culminación dun proxecto no que se vén traballando desde hai máis de catro anos.
Na súa candidatura, Monforte contou co apoio de Rivadavia e de Oviedo. Outra cidade galega con posibilidades de entrar a formar parte desta rede é Tui, e tamén están estudiando a súa candidatura cidades con certa presencia hebraica coma Allariz, Celanova, Betanzos e Mondoñedo.