O Centro Coreográfico estreará A bela durminte en febreiro

A entidade abriu onte o proceso de selección para o seu corpo de danza

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

Febreiro é o mes previsto, segundo informa hoxe El Ideal Gallego para que o Centro Coreográfico Galego estree a súa nova produción. Unha versión actualizada de A bela durminte, que contará cos alumnos dos conservatorios de danza do país será a primeira das dúas montaxes previstas para este ano. O Centro abría onte o proceso de selección para doce bailaríns e bailarinas que integrarán o seu corpo de baile para a vindeira temporada. Serán oito postos a xornada completa e catro a media xornada, e os interesados deberán pasar unha proba o vindeiro día 18.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Piruetas artísticas

Piruetas artísticas

O Centro Coreográfico Galego contará cun corpo estable de bailaríns

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Montaxes, Centro Coreográfico Galego, Medios de comunicación