Música en branco abre a súa exposición na Coruña

A mostra culmina o proceso de investigación sonora do barrio da Agra do Orzán

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

O centro cultural Ágora acolle desde onte a exposición Música en branco, o elemento final do proxecto que estivo a investigar, ao longo deste ano, patrimonio sonoro da Agra do Orzán, na Coruña. A mostra baséase nunha serie de "caixas de cartón rotuladas polos colectivos que participaron no proxecto con palabras relevantes para a súa memoria e que conteñen no seu interior fragmentos da banda sonora do barrio que se foi construíndo ao longo dos meses", segundo explica a organización e céntrase sobre todo na experiencia sonora do visitante.

A iniciativa, que se pode visitar ata o vindeiro 24 de novembro, compleméntase con toda unha serie de actividades como un obradoiro de bombas de sementes, a posta en marcha das audioguías xeolocalizadas polo barrio ou a proxección, o 16 de novembro, do documental Agra do Orzán, barrio dos músicos.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ágora, Documental, Obradoiro

Claves

Entidades
Conceptos