Música en branco despídese ata setembro con varias actividades

Últimos días para presentar propostas ao concurso de microproxectos culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Exhibirá a memoria sonora e musical das mulleres do barrio Agra de Orzán, no marco do proxecto música en Branco. Trátase do contedor de feminismos, que se instalarase o vindeiro 3 de xullo nos exteriores do centro Ágora. Será unha das actividades coas que o proxecto sonoro Músico en Branco se despide ata setembro. Pero hai máis actividades, como son a oitava Barriografía, a serie de programas radiofónicos itinerantes de Xurxo Souto, e a última camiñada de paseos polo barrio. O domingo remata tamén o prazo para presentarse ás convocatorias de microproxetos, que financiarán con entre 2.000 e 3.000 euros accións culturais vinculadas ao patrimonio sonoro e musical do barrio e que procuren procesos de produción colaborativos que impliquen a veciñanza.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Souto, Mulleres, Centro Ágora, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)