Chega o Cineuropa máis social

Celebrarase en Santiago entre o 7 e o 29 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Chega o Cineuropa máis social

Máis de duascentas películas, con varias premiere incluídas, e trinta directores e intérpretes dispostos a debater co público son algúns dos titulares da nova edición de Cineuropa, que se presentou hoxe á mañá. Un certame que este ano vén moi social, con premieres de Philippe Garrel como La Jelousie, Tom á la Ferme de Xavier Dolan, e cinema que intriga e perturba sobre o medio ambiente, a familia ou os desafiuzamentos en países como china. O ciclo "Cre en Italia… más che vale!: O Novecento italiano en 60 películas”" contará con dramas e comedias de Alberto Sordi, Nino Manfredi, Mastroianni, Gassman, Tognazzi, para tentar comprender a través do cine a complexidade italiana. Realizados e actores como Albert Serra, Jonás Trueba, Fernando Franco, Lois Patiño, Mar Coll, Juan Barrero, Luís Lopez-Carrasco, Juan Cavestany, Alberto Gracia ou Jorge Tur explicarán como reacciona o cinema español nesta situación de crise.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cineuropa baila baixo a choiva

Cineuropa baila baixo a choiva

O festival celebra o xénero musical e dá os seu premios de honra a Lois Patiño, Ana Belén, Charo López e João Pedro Rodrigues

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Italia, Cineuropa, Lois Patiño

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares