A Academia Galega do Audiovisual busca o lado positivo da crise

O habitual Foro Academia Aberta desenvolverase do 16 ao 18 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Transforma a crise en oportunidade. Isto é o que pretende a Academia Galega do Audiovisual a través dunha nova edición do seu Foro Academia Aberta. Nesta ocasión, e baixo a coordinación de Manolo González, o encontro pretende falar de novas formas de finaciamento, do aproveitamento das potencialidades de Internet para explotar e difundir obras audiovisuais e ver como lle afecta este contexto aos creadores. Tres xornadas (do 16 ao 18 de novembro) que se desenvolverán na sede da Fundación Caixa Galicia de Santiago, e que se integran dentro do programa paralelo de actividades de Cineuropa. O produtor independente Luis Miñarro, o especialista en cine dixital Jorge Carrasco e o creador Albert Serra son algúns dos participantes deste encontro.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Cine, Manolo González, Internet...