Un imputado por espolio arqueolóxico en Vigo

Varios expoliadores actúan no sitio arqueolóxico do Fiunchal

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O domingo a Policía Autonómica detivo a un individuo que presuntamente estaba espoliando o sitio arqueolóxico do Fiunchal, en Vigo, ao que interviron sete moedas que foron remitidas ao Servizo de Museos e Arquivos da Consellería de Cultura. Segundo os veciños da zona, este establecemento romano é moi rico en moedas, mesmo de periodos posteriores, e informaron a Faro de Vigo de que o día posterior á detención, outras dúas persoas, con detectores de metais e paletas, volvían a traballar no sitio.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moedas, Museos, Faro de Vigo, Consellería de Cultura...