AGADIC distribúe 173.380 euros en axudas á distribución

Dezanove compañías recibirán axudas para xiras e asistencia a eventos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Catorce compañías de teatro, dúas promotoras musicais, dúas editoras e unha galería de arte repartirán 173.380 das axudas coas que a Axencia Galega das Industrias Culturais quere contribuír á distribucion e á proxección exterior dos nosos creadores. A liña de axudas, que aínda ten pendente de resolver unha segunda parte, apoiará na súa maior parte as xiras galegas e internacionais das compañías escénicas, ademais de cubrir parte da tourné estatal de Luar na Lubre. Canda a isto, as produtoras Mar Maior e Tres Laboratorio reciben apoios para ir á Feira Womex, mentres as editoras Ouvirmos e Hércules sufragarán con esta convocatoria parte da súa presenza en feiras internacionais como Frankfurt e Boloña. Pola súa banda, a Galería Trinta obtivo apoio para acudir a Casa Arte, ARCO e Lima Photo.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Teatro, Luar, Galería Trinta...