A Agadic fecha as axudas á distribución de 2017 coa súa terceira adxudicación

Radio Cos, Bala, Milladoiro ou Luar na Lubre reciben apoio para as súas xiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Coa resolución da terceira convocatoria das subvencións á distribución de espectáculos, que deu a coñecer onte, a Axencia Galega das Industrias Culturais esgotou orzamento desta liña de axudas para 2017. A nova adxudicación achegou fondos para as xiras de grupos como Havalina, Bala, Luar na Lubre, Milladoiro, Radio Cos, Uxía e Festicultores. Ademais, tamén se apoia nesta última convocatoria a presenza de galerías e artistas do país en eventos como as feiras ARCO, Artíssima, a londinense Frieze ou o Womex. A resumir as accions que se desenvolveron este ano mercé a estas axudas, a Agadic salienta que os 435.000 euros investidos permitiron o desenvolvemento de 600 actuacións escénicas, concertos e accións promocionais da cultura galega en 24 países dos cinco continentes, sen contar as realizadas en España.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luar, Bala, Luar na Lubre, Milladoiro...