Demo editorial recupera A fraga Milmañas

O fanzine Compota de Manatí lanza o seu número 1

24/10/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
6 lecturas | Compartido 0 veces

Páxina de A fraga Milmañas

A fraga Milmañas, a serie que debuxaba Manel Cráneo sobre guións de Carlos Amil para a revista Golfiño, volve ver a luz. Demo Editorial anuncia para finais de decembro un volume que recolle unha selección das historias curtas que xa se puideran ler na publicación infanil. En paralelo, o equipo responsable do fanzine Compota de Manatí anuncia o lanzamento do seu número 1. Marcos García Rodríguez, Yago García Rodríguez, Jorge F. Peral e María Álvarez Hortas, asinan as historias desta. O número 0, tamén a cargo dos mesmos autores, está dispoñible para descarga no blog do proxecto.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos