Voltan Fiz e A fraga Milmañas

Xosé Tomás presenta a Historia de Betanzos en BD

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Voltan Fiz e A fraga Milmañas

Dúas reedicións para o público infantil protagonizan os lanzamentos de BD en galego para este Nadal. O álbum Fiz, de Kiko da Silva acaba de ver a luz da man de Retranca Editora nunha versión que achega novos contidos à versión que publicara no seu día Faktoría K. Pola súa banda, Manel Cráneo recupera en Demo Editorial unha selección de A fraga Milmañas, a serie que publicou nas dúas épocas na revista Golfiño con guión de Carlos Amil.

De xeito paralelo, Xosé Tomás presentaba o pasado venres o primeir volume de Historia de Betanzos. Este proxecto repasa a evolución da vila en dous tomo de 80 páxinas nas que o debuxante contou co asesoramento de Raimundo Núñez-Varela, cronista oficial da Cidade dos Cabaleiros. O álbum, editado polo concello e dirixido aos máis novos, contou co apoio de entidades como Gadis e o Banco Echevarría para a súa realización.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fiz, Xosé Tomás, Xosé Tomás, Betanzos...