Preséntase na Coruña o fanzine Compota de Manatí

O colectivo de debuxantes Miñoco lanzan a súa primeira publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Compota de Manati

Capa de Compota de Manati

Un novo fanzine de banda deseñada nace na Coruña. Compota de Manatí é o primeiro lanzamento do colectivo de ilustradores Miñoco, composto por Jorge Fernández, Yago García, María Álvarez e Elena Valverde. A publicación, á venda por 4 euros, está composta por sesenta páxinas que combinan historias curtas en branco e negro e textos ilustrados. Os autores sinalan que o proceso creativo guiouse por un proceso de aleatoriedade que lle dá unha especial orixinalidade ás historias. O volume presentarase o vindeiro sábado 22 ás 19 horas na libraría Alita (R/ Orzán 94, A Coruña).

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Banda deseñada

Claves

Conceptos
Lugares