GalicianTunes presenta a participación galega no Womex

O disco Road to Womex recolle 25 temas de músicos do país

22/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

GalicianTunes presentaba esta maña a representación galega no festival internacional Womex, que se celebra en Cardif entre o 23 e o 27 deste mes. aCentralFolque, Casa das Crechas, a asociación Clubtura, e os selos Nalgures, Fol Música/Boa e Mar Maior/Mirmidón participarán neste evento da man da marca para a proxección exterior da nosa música. A coincidir coa presenza neste festival, GalicianTunes presentaba a compilación Road to Womex 2013, unha selección de 25 temas de artistas galegos que se poden escoitar no seu web. No marco do festival, Xosé Manuel Budiño realizará un showcase o vindeiro neres 25.

Ao evento tamén viaxa unha delegación institucional que recollerá o testemuño da organización do festival, xa que a vindeira edición está prevista que se celebre na Cidade da Cultura, en Compostela.

A coincidir con esta presentación, GalicianTunes presentaba tamén o seu novo web, no que se poden escoitar todos os discos editados no seo desta iniciativa e información sobre 137 artistas, o seu traballo, e datos para os contratar.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Budiño, Budiño, Casa das Crechas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...