A música galega presente no Womex e no Monkey Week con presenza desigual

Participan dez empresas e sete grupos amparados na marca Galiciantunes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Son dúas citas importante para a industria da música: unha delas ten lugar en Copenhague (Womex, do 26 ao 30 de outubro) e aoutra no Porto de Santa María (Monkey Week, do 28 ao 31 deste mes). Nas dúas haberá presenza galega da man de Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), co apoio de Agadic. En total participarán dez empresas e sete grupos e volversase empregar como marca o “Galiciantunes” á que nesta ocasión se suma a imaxe da celebración en 2011 do Ano da Música de Galicia (co que se edita un dobre CD con 34 temas).

Con todo, a estratexia será diferente en cada feira. En Copenhague as compañías Berrogüetto Producións, Fol Music, Mare, Nalgures Producións e Nordesía están dentro da plataforma de difusión musical Sounds from Spain, promovida polo ICEX (Instituto de Comercio Exterior) e outras entidades, mentres que o gaiteiro Xosé Manuel Budiño estará alí con espazo propio. Na Monkey Week haberá unha caseta propia alén dunha serie de prospostas musicias. Son os concertos a cargo de Maryland, Disco Las Palmeras!, Eladio y Los Seres Queridos e Colectivooruga, máis outra serie de showcases (espectáculos de breve duración) nas que estarán os Rusos Blancos e Holywater.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Empresas Musicais, Manuel Budiño, Budiño, Feira...