Un ciclo de concertos achegarálle a música galega aos programadores

ST Música Presente desenvolverase no Salón Teatro de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais, en colaboración coa Asociación Galega de Empresas Musicais e a Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono) iniciará o vindeiro 18 de marzo o ciclo ST Música Presente. Esta iniciativa, que se desenvolverá no Salón Teatro de Compostela, quere servir para dar a coñecer grupos e solistas do país entre "programadores culturais, promotores de festivais e
certames de música, distribuidores, prensa especializada e demais axentes culturais". Nunha primeira xeira poderán seguirse ata finais de abril seis actuacións, a cargo de Anxo Lorenzo, Emilio Rúa, Álvaro Vieito Cuarteto, Ophiusa e Bellón Maceiras Quinteto.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Salón Teatro, Anxo Lorenzo, Emilio Rúa...