Mercedes Peón e Cristina Pato tocarán no WOMEX

As dúas artistas participarán no festival dinamarqués que se celebra entre o 27 e o 31 deste mes

15/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Vaise coñecendo a representación galega que acudirá ao coñecido festival musical WOMEX, en Dinamarca. Hai uns días facíase público que a organización do encontro seleccionar a galega Mercedes Peón para actuar na sección principal do mesmo o vindeiro 28 de outubro. Canda a ela, Cristina Pato participará no concerto que a marca Sounds from Spain desenvolve o día 29 no escenario offWOMEX. Canda a elas, entre o 27 e o 31 unha delegación da Axencia Galega das Industrias Culturais participará no evento dentro do posto de Sounds from Spain e confirmaron tamén a súa presenza os selos Maré, Zouma, Nordesía e Fol, asi como Budiño e a promotora Articket. Os asistentes ao encontro poderán coñecer a música galega a través dun duplo CD que amosa unha selección de grupos de xéneros como o pop-rock, o jazz e a música tradicional e folk.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

25/10/2023

Novos espazos sonoros para un legado

No marco da 'revolución das pandeireteiras' o trad vese impulsado por artistas con ganas de experimentar cos estilos dándolles nova vida e usos ao legado musical

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Peón, Cristina Pato, Budiño, Pop...