Dezasete empresas e os festivais galegos representarán a nosa música no Womex

O festival celebrarase en Sevilla entre o 29 de outubro eo 2 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Galicia contará cunha presenza especial na vindeira edición do festival Womex, que se celebra en Sevilla entre o 29 de outubro e o 2 de novembro en Sevilla, logo de ser designado País Focus pola organización. A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá a delegación que acudirá a este encontro, centrado nas músicas do mundo e de raíz. Dezasete empresas do sector discográfico galego coma Abada, Edicións do Cumio, Ouvirmos ou La Fábrica de Chocolate participarán baixo o selo Galician Tunes. Ademais, A Consellaría presentará a publicación Galicia festivals na que recolle as principais citas de música ao vivo que existen no noso país coma Ortigueira, Cantos na Maré, o Festival Mozart ou Via Stellae entre moitas outras.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sevilla, Mozart, Edicións do Cumio, Maré...

Claves

Protagonistas