A Xunta seleccionará 10 proxectos musicais para exhibición no Focus Galicia 2023

O prazo está aberto ata o 21 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Womex, o evento profesional máis importante vinculado ás músicas de raíz no mundo, celebrarase na Coruña do 25 ao 29 de outubro. Pero como paso previo, a Xunta organizará o evento Focus Galicia en formato showcase, isto é, un programa con actuacións de 30 minutos en diferentes localizacións do territorio galego, destinado ao relevante conxunto de programadores que acode ao Womex. O Focus celebrarase entre o 22 e o 24 de xullo e o obxectivo é "brindarlle aos programadores de festivais e circuítos internacionais unha visión de conxunto sobre a creatividade do noso sector musical". Os grupos que queiran participar poden presentarse á convocatoria aberta en AGADIC.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Axencia Galega das Industrias Culturais