A flota de embarcacións tradicionais da Illa de Arousa pode desaparecer

A Asociación Dorna denuncia que carece dun lugar para gardar as embarcacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A falta dun espazo para gardar a flota de embarcacións tradicionais que posúe a Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa, está a por en risco de desaparición este importante patrimonio marítimo. Segundo denuncia o colectivo, de ficar a intemperie, as 53 pezas desta colección poden ficar irremediablemente danadas este inverno. A entidade sinala que o estado ruinoso da nave que ata o momento lles cedían gratuitamente para gorecer este material deixounos sen alternativa. Aínda que para 2015 a Deputación de Pontevedra anunciou o comezo dun edificio de usos náuticos que pode servir para este fin, desde Dorna alertan de que a instalación pode chegar tarde de máis para estas pezas de patrimonio.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de Arousa, Deputación de Pontevedra