O Festival Sinsal completa a súa programación de outono

Steve Gunn, Sam Amidon ou Amatorski súmanse aos concertos en Vigo en Compostela

10/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Anna Calvi, Youth Lagoon + Absolutely Free, Steve Gunn, Sam Amidon er Amatorski son os grupos que participan na edición de outono do Festival Sinsal. Steve Gunn abrirá o vindeiro 15 de outubro na Escola de Artes e Oficios de Vigo a undécima edición do evento, a quen seguirá na mesma cidade Sam Amidon o 9 de novembro, Amatorski o 19 e Anna Calvi o 14 de decembro. En Compostela, pola súa banda, poderán verse a Youth Lagoon + Absolutely Free na Sala Capitol o 10 de novembro e a Amatorski o día 30 no Centro Galego de Arte Contemporánea.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Vigo, Sala Capitol, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)...