Completamente fieis ao estilo que ven marcando o evento desde a súa primeria edición o Outono Códax Festival ven de presentar o cartel que ofrecerá este ano en tres citas semanais de dous días cada una entre o 26 de outubro e o 18 de novembro. Fran Villasenín por A Reixa, xunto aos responsables de Raíña Produccións, Javier Freire e Martín Calviño, presentaron hoxe o cartel artístico e a loxística do festival acompañados por María Garrido, directora de márketing das bodegas Martín Códax patrocinadoras principais do evento. As achegas internacionais ao cartel cumpren as expectativas que cada ano levanta este evento e volve conseguir traer a Santiago a una lenda viva do soul, neste caso a artista británica PP Arnold, que nos anos anos 60 colaborou cos máis grandes artistas da escena mundial do rock e o soul, acompañando a Ike&Tina Turner e para aque escribiron cancións xente como Cat Stevens ou Mick Jagger (co que compartía representante) entre outros. Este será o único concertó que a artista ofreza en España e estará acompañada pola Steve Craddock Band, a banda do guitarrista de Ocean Colour Scene. Nesta cita estelar de comezo do festival, na Sala Capitol o xoves 26 de outubro, será un grupo local, os Cachas & Cousins, o que abrirá a noite. Por concertos como este o festival, ademáis do público local de Santiago e outras vilas galegas, consegue convocar cada ano público de Asturias, León e o norte de Portugal e incluso de Madrid antes as súas propostas de artistas internacionais lendarias que na mayoría dos casos non volven a facer xiras nin polo noso país nin por Europa, asegurou Fran Villasenín na rolda de prensa de presentación do VII Outono Códax. O peche do festival, o 18 de novembro o porá a banda de Houston The Suffers, una formación revelación aclamada pola crítica estadounidense que, en palabras de Villasenín, será "una das grandes sorpresas desta edición".
O festival de música negra presenta seis citas de sala a repartir entre a Sala Capitol e o Riquela Club e nas que se repartirán doce actuacións diferentes. Ademais das xa mencionadas tamén estarán repartidas entre os días 26 e 27 de outubro e 3, 4, 17 e 18 de novembro as actuacións dos suizos Hillbilly Moon Explosión, o neoiorquinos Daddy Long Legs e Mad Martín Trío o 4 de novembro na Sala Capitol; os italianos Sugar daddy & The Cereal Killers na xornada final do 18 de novembro tamén nesa sala que acollerá os concertos de pago. No Club Riquela Terán lugar outros tantos concertos de entrada de balde ata completar aforo onde haberá unha experiencia máis de proximidade coas actuacións de Lar& Freire, a proposta de Xulián freire e Lar Legido o 27 de outubro; o venres 3 de novembro comezarán no Riquela a súa xira Non teman os cantautores o combo formado por Hendrik Röver (Los deltonos) & Óscar Avendaño (Siniestro Total) & Juanjo Zamorano (The Pilgrim Rose). O Riquela Club acollerá tamén o 17 de novembro a actuación do músico maiorquín Johnny B. Bad, alias do artista Joan Prohens para este proxecto en solitario ao estilo "home orquestra". As Sesións OUT que complementan o programa levando a música as rúas anunciaranse cunha semana de antelación nas redes sociais do Outono Códax una vez que estean fixadas.
Actualización 04/10 : Os concertos inicialmente previstos no Riquela Club terán lugar na Sala Capitol, mantendo o seu carácter de entrada de balde