Hoxe arranca a decimoterceira edición do Outono Códax Festival cunha intensa fin de semana, na que acollerá dous grandes concertos en Santiago, a presentación dun libro e dúas pinchadas e unha presentación do festival -tamén cunha actuación en directo- en Madrid. Nove xornadas de concerto con doce nomes artÃsticos no cartel ata o 25 de novembro, ademais de outras moitas actividades audiovisuais, literarias e gastronómicas son a oferta deste consolidado festival que, de novo, aumenta a súa aposta ao traer a Santiago un cartel de figuras internacionais de primeira orde da música soul, jazz, swing, rock ou blues e a poñer sobre o escenario tamén a formacións galegas. Tres grandes figuras da música negra, habituais nos mellores festivais do mundo de blues e de soul, encabezan a 13ª edición do Outono Códax., que se presenta como a máis ambiciosa ate o momento A presenza en Santiago de Pokey Lafarge, Nick Waterhouse y Nikki Hill nesta edición do festival, reafÃrmao como a incuestionable gran referencia do xénero. Outras presenzas a subliñar son as de figuras emerxentes do blues, o country e o soul como Dylan Leblanc ou Kassi Valazza. A presenza galega no festival confórmana Momboi e The Bo Derecks, que compartirán xornada, respectivamente, con Pokey LaFarge (4 de novembro) e Nikki Hill (24 de novembro).
A protagonista do concerto inaugural do Outono Códax 2023 será a cantautora norteamericana Sunny War, que chega a Santiago co seu novo álbum 'Anarchist Gospel', e nel teñen cabida o góspel, o country blues, o folk introspectivo, o rock and roll e mesmo experimentos vangardistas. O concerto terá lugar hoxe venres 3 no Riquela Club de Santiago ás 20.30 h. O sábado a Sala Capitol acollerá o primeiro dos grandes concertos da cita co artista Pokey Lafarge como protagonista e os galegos Momboi abrindo o concerto. Lafarge era un dos artistas máis desexados polo Outono Códax, ao ser un dos grandes recuperadores da tradición musical norteamericana, especialmente dos sons anteriores á década dos 50. O mesmo sábado A Reixa-Matrioska acollerá a presentación do libro 'Collado. La maldición de una casa de comidas', de Carles Armengol, que será tamén o encargado de realizar unha das pinchadas deste Outono Códax. Concretamente a que terá lugar na Reixa o sábado a partir das 23.45 h, en compañÃa de Dj David Diz e Dj Quincalla.
Promoción en Madrid
Entre as novidades que se incorporan nesta 13ª edición do Outono Códax figura a realización dunha presentación do festival na sede da FNAC en Madrid, co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o festival asà como os concertos e actividades que se van desenvolver en Santiago o resto do mes. A presentación terá lugar o domingo 5 ás 13 h e contará coa actuación da banda galega The Limboos, que estrearán en directo algúns dos temas do seu inminente novo disco. As actividades do Outono Códax en Madrid complétanse cun concerto de Sarah Shook & The Disarmers o martes 7 na sala Clamores e coa gravación e emisión en directo ese mesmo dÃa do podcast Outono Códax 2023, dende o local Chopper Monster.