A Fundación Barrié presenta o Festivalín en Vigo

O programa de actividades para os máis novos desenvólvese ata o 13 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
A Fundación Barrié presenta o Festivalín en Vigo

Difundir a arte e a cultura contemporáneas entre os máis novos, dun xeito lúdico e procurando desenvolver un espírito crítico. Estes son os obxectivos cos que nace o Festivalín, proposta da Fundación Barrié que se desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro 13 de outubro en Vigo. O programa inclúe concertos, como os de Maga Kids, Katembe Project ou María Rodés. Tamén haberá obradoiros como o de Dj Guillamino, danza contemporánea a cargo LaLolabaila, un horto urbano ou a exposición Historias da historia. Os pais poderán atopar no mesmo marco conferencias como a do arquitecto Pablo Gallego Picard ou da pedagoga Eileen Adams. Todas as actividades se desenvolverán na sede viguesa da Fundación.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Danza, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)