Non é só cousa da crise. O informe co que o Consello Galego de Museos pechaba a pasada semana as xornadas Os museos na sociedade actual denuncia que desde hai 30 anos se manteñen demandas básicas para o sector que nunca se chegaron a resolver. A estas súmanse as inevitables necesidades de incorporar novas tecnoloxÃas e conceptos. Repasamos en dez puntos as principais reclamacións do sector.
O Consello Galego de Museos naceu en 1981 coa intención de buscar canles de colaboración entre estas entidades e de buscar solucións para a súa problemática común. A pasada fin de semana, a coincidir co feche das xornadas Os museos na sociedade actual , que se celebraron no Consello da Cultura Galega, este organismo presentaba o informe i>Os museos na sociedade actual. Unha perspectiva crÃtica no que salienta a parálise na acción institucional arredor deste sector. Nun contexto no que se deu unha drástica queda de visitantes, como revelaba recentemente un informe do Observatorio da Cultura Galega, os museos salientan pexas como a falta dunha regulamentación legal clara, o incumprimento por parte das administracións das súas obrigas e mesmo un baleirado de competencias como algúns dos problemas que se manteñen desde aquel afastado ano. Na base das reclamacións do Consello de Museos está a constancia de que “os museos galegos non teñen hoxe a presenza e repercusión que teñen noutros paÃses”.
Os museos na sociedade actual. Unha perspectiva crÃtica. Consello Galego de Museos.O Consello Galego de Museos naceu en 1981 coa intención de buscar canles de colaboración entre estas entidades e de buscar solucións para a súa problemática común. A pasada fin de semana, a coincidir co feche das xornadas Os museos na sociedade actual , que se celebraron no Consello da Cultura Galega, este organismo presentaba o informe i>Os museos na sociedade actual. Unha perspectiva crÃtica no que salienta a parálise na acción institucional arredor deste sector. Nun contexto no que se deu unha drástica queda de visitantes, como revelaba recentemente un informe do Observatorio da Cultura Galega, os museos salientan pexas como a falta dunha regulamentación legal clara, o incumprimento por parte das administracións das súas obrigas e mesmo un baleirado de competencias como algúns dos problemas que se manteñen desde aquel afastado ano. Na base das reclamacións do Consello de Museos está a constancia de que “os museos galegos non teñen hoxe a presenza e repercusión que teñen noutros paÃses”.
- O marco legal
Poucas demandas tan insistentes hai desde o Consello Galego de Museos como a dunha lexislación axeitada sobre o seu ámbito. Desde hai tres décadas esta entidade insiste na ausencia dun texto que estableza o papel exacto dos museos, delimite os seus ámbitos de traballo e estableza as definicións como as de coleccións visitables ou centros de interpretación. Para mais, segundo denuncia este informe, a propia Administración incumpre as normas existentes sobre a creación de centros deste tipo. A eiva inflúe tamén na formación dos traballadores, o que repercute na calidade e na renovación dos discursos expositivos.
- Menos competencias
Por se a ausencia de lexislación especÃfica fose pouco, os Museos denuncian a existencia de textos legais que lles retiraron competencias e lles dificultan a súa actividade cientÃfica. AsÃ, a Lei de Patrimonio de Galicia impÃdelles levar a iniciativa en investigacións arqueolóxicas, mentres a Lei da Ciencia tiroulles a consideración de Centros de Investigación. Isto supón dificultades para colaborar con universidades (outra demanda recorrente) ou para participar en convocatorias de I+D+i.
- Intromisións institucionais e de xestión
Segundo destaca o texto, a integración dos museos como un elemento máis da administración eivou a autonomÃa dos centros e situounos ao abeiro dos intereses polÃticos de cada momento. Por outra banda, segundo denuncia este informe, a imposición en determinados centros de xerentes de perfil empresarial deu en modelos de xestión centradas nos aspectos económicos. AsÃ, no canto de atender á calidade da programación, a acción céntrase nunhas contas na que se traballa cuns beneficios en grande medida intanxibles.
- Competencia de outros modelos
Os centros de interpretación, en principio carentes de contidos patrimoniais, os museos de ciencias, os centros de arte contemporánea ou as exposicións temporais son detectadas polo Consello Galego de Museos como fórmulas que retraen fondos para os centros tradicionais sen chegaren a cumprir as mesmas funcións. Na mesma liña, este informe denuncia que os centros da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico están a se crear desde a Xunta á marxe da rede museÃstica existente.
- Espectacularización da cultura
A miúdo, propostas como as que anteriormente se sinalan mirran o necesario labor cientÃfico e educativo que si desenvolven os museos. No mesmo sentido, o informe sinala que a miúdo se produce un emprego das novas tecnoloxÃas e da interactividade que non atende a fins didácticos especÃficos, senón que se centra na espectacularidade.
- O patrimonio esixe museos
Segundo o informe, os Museos están a ficar como depósitos para o patrimonio, sen que posúan ferramentas para o investigar, divulgar ou pór en valor. Nese sentido, sinala por exemplo que se está a desaproveitar o potencial de que centros locais dean a coñecer á poboación os bens máis achegados. Do mesmo xeito, apuntan a ligazón indisociable que deberÃa existir entre os museos e a recuperación do patrimonio cultural.
- A carencia de recursos
Para os museos, que se definen como “en crise permanente” non se trata da conxuntura económica, senón que a pexa é estrutural.
- Pouca cultura museÃstica
Malia ao grave das demandas, o Consello recoñece que boa parte dos problemas son comúns a todo o Estado, coa “chegada serodia do museo á nosa sociedade” e apunta a “historia cativa” que teñen a museoloxÃa e a nova museoloxÃa no noso paÃs.
- Culpas propias
Non deixan de recoñecer os museos a falta de propostas de renovación nos seus discursos, prácticas e relacionamento co público. Do mesmo xeito, sinalan a falta de incorporación axeitada de novas tecnoloxÃas e técnicas. Algo que, non entanto, vinculan coa ausencia de proposta de formación continua para os profesionais que traballan nestes centros.
- Parálise
En xeral, os museos salientan que “moitas das reivindiciacións que se viñeron facendo nos Coloquios Galegos de Museos desde 1981 sobre cuestión consideradas básicas seguen hoxe a centrar as demandas da colectividade museÃstica”, o cal evidencia “un retroceso na situación global do museos e un deixamento por parte dos responsables das diversas administracións”. Segundo eles, “as condicións para o debate non son as mesmas, nin son mellores hoxe que hai dez, vinte ou trinta anos atrás”, é dicir que a situación non convida ao optimismo na resolución destes problemas.