As despedidas de David Quinzán

Xoel López produce o primeiro disco do seu baixista

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
As despedidas de David Quinzán

El vino de las despedidas é o título do primeiro disco de David Quinzán. O baixista coruñés debuta con nove temas de carácter íntimo e aires indies gravados e producidos por Xoel López, quen tamén achega voces e toca no volume. Quinzán xa amosara o seu traballo nos EPs Cetáceos e El Aullador e lanza agora un álbum que está tamén dispoñible na rede. A xira de presentación comezará o vindeiro 3 de novembro no Picnic Bar de Madrid e continuará por Vigo o día 29 do mesmo mes en La Casa de Arriba, chegará ao Ultramarinos de Compostela o 5 de decembro e desembarcará na Coruña o 10 de xaneiro na Mardi Gras.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, EPs, Madrid, A Coruña...

Claves

Protagonistas
Conceptos