Unha exposición en Pontevedra amosa os traballos do premio Novos Valores

Antía Barba Mariño impúxose certame que convoca a Deputación Provincial

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Terceiro premio do certame Novos Valores

Terceiro premio do certame Novos Valores

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle desde hoxe e ata o vindeiro 27 de outubro a exposición Premios Novos Valores de Artes Plásticas 2013. Como o seu propio nome indica, a mostra recolle os 38 traballos que foron seleccionados e premiados no certame que convoca a Deputación Provincial. Antía Barba Mariño, con Sen título, impúxose e levou o premio de 4.000 euros. O segundo posto foi para Ana María González García e o terceiro levouno María Fernanda Llovo Otero.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación Provincial, Museo de Pontevedra