Máis contía e novas categorías para os Premios Novos Valores da Deputación de Pontevedra

Pasan de 9.000 a 17.000 euros

28/3/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Moitas novidades para os Premios Novos Valores de Artes Plásticas que convoca anualmente a Deputación de Pontevedra. Nesta ocasión hai unha suba importante da contía que pasa de 9.000 a 17.000 euros, tal e como recolle o BOP de onte. Iso tradúcese tamén nun incremento de categorías, xa que se crean tres cuartos premios e o terceiro premio pasará a ter dous galardoados. Ademais, a categoría de Novos Valores contará tamén co Premio Silveiro Rivas, en recoñecemento do escultor pontevedrés, e terá unha dotación de 3.000 euros. Precisamente este último premio débelle a contía ao propio Silveiro Rivas, quen en 2013 renunciou a contía do seu galardón para que se destinara a fomentar novos valores. Con todo, aínda quedan lonxe dos 36.000 euros que a Deputación destinou a estes mesmos galardóns en 2011 e nos que tampouco se recuperou o premio José Fernández López de pintura.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Pontevedra

Claves

Lugares