A Deputación de Pontevedra reduce a contía do certame Novos Valores á cuarta parte do ano anterior

Concederanse tres premios e desaparece o premio especial José Fernández López

13/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O 30 de maio a deputada provincial de Pontevedra Ana Isabel Vázquez anunciaba que se ía adiar a convocatoria do certame Novos Valores, que tradicionalmente organiza o organismo provincial para promover a creación en novos talentos artísticos, por un "cambio nas bases". Onte fixéronse públicos os cambios nas bases do certame: en concreto, a redución da contía económica de premios á cuarta parte do ano pasado, ficando unicamente tres premios de 4.000, 3.000 e 2.000 euros respectivamente. O premio especial José Fernández López non se concederá este ano, se ben prevese que se volverá convocar o ano que vén, desde a perspectiva dun "Premio Fernández López de pintura costumbrista".

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Deputación de Pontevedra

Claves

Lugares