As mudanzas nos festivais protagonizarán o III Foro Espazos para a Cultura

A Cidade da Cultura acollerá o encontro os vindeiros 15 e 16 de novembro.

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
As mudanzas nos festivais protagonizarán o III Foro Espazos para a Cultura

O impacto dos grandes festivais artísticos no panorama cultural será o eixe do III Foro Espazos para a Cultura, que se celebrará na Cidade da Cultura os vindeiros días 15 e 16 de novembro. Directores de prestixiosos eventos deste tipo como os de Edimburgo, Avignon, o Festival Internacional de Teatro de Mérida, La Mar de Músicas ou os Hay Festival de Segovia e Budapest compartirán cos participantes as súas experiencias. Canda a eles, tamén estará presente, entre outros, David Binder, catro veces nominado aos premios Tony e produtor de espectáculos en Broadway. A Consellaría de Cultura "busca promover en Galicia un debate ao redor do impacto dos festivais tanto na vida cultural, como a súa capacidade para transformar pequenas vilas en espazos de creación e tamén o seu importante impacto económico". Os interesados en se inscribir deberán pagar 50 euros se son profesionais e 30 se son estudantes.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos