Xa deixaron de soar os derradeiros acordes e se desmontaron todos os escenarios e chegou o tempo da valoración dos sete grandes festivais da provincia de Pontevedra. Desde a Deputación de Pontevedra estÃmase que as sete quendas incluÃdas nos "Festivais RÃas Baixas" reuniron a preto de 200.000 persoas e rexistraron un impacto económico total de 26 millóns de euros para os seus concellos e comarcas, nas que as ocupacións hoteleiras durante os dÃas das súas celebracións foron dun 100% practicamente en todas as ocasións. A creación de emprego directo estÃmase en máis dun milleiro de postos de traballo. Festivais como Revenidas, Sinsal, SonRÃas e Marisquiño acadaron as súas marcas de asistencia máxima e o Cultura Quente aumentou nun 20 por cento respecto ao anterior ano.
Nun acto que tivo lugar esta semana na sede de Turismo RÃas Baixas escenificouse o peche dos "Festivais RÃas Baixas" 2016 contando coa presenza da Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asà como as persoas promotoras, organizadoras e patrocinadoras de cada un dos sete festivais que conforman a marca #RÃasBaixasFests e representantes dos gobernos das sete vilas onde tiveron lugar, isto é: Cultura Quente (Caldas de Reis), Atlantic Fest (A Illa de Arousa), PortAmérica (Nigrán), SinSal Son Estrella Galicia (a Illa de San Simón en Redondela), SonRÃas Baixas (Bueu), O Marisquiño (Vigo) e Revenidas (VilagarcÃa de Arousa).