A Deputación de Pontevedra promoverá conxuntamente sete festivais de música

Pretende aproveitar o potencial turístico destes eventos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Aproveitar o potencial dos festivais de música para atraer turismo. Este é o eixe da campaña que presentaba onte a Deputación de Pontevedra, que promoverá de xeito conxunto sete eventos deste tipo que se celebran na provincia. Cultura Quente (24 e 25 de xuño, Caldas de Reis), Atlantic Fest (1 a 3 de xullo, A Illa de Arousa), PortAmérica (15 e 16 de xullo, Nigrán), SinSal Son Estrella Galicia (22 a 24 de xullo, Redondela), SonRías (4 a 6 de agosto, Bueu), O Marisquiño (12 a 14 de agosto, Vigo) e Revenidas (19 a 21 de agosto, Vilagarcía de Arousa) son as citas que fan parte deste programa.

Converter as Rías Baixas en punto de referencia no campo dos festivais musicais é o obxectivo que, segundo a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, persegue a nova campaña, que anima a mesturar o interese pola música con experiencias gastronómicas, culturais e turísticas.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito