Chévere,Teatro do AquÃ, Kulunka Teatro, La AbadÃa, Ron Lalá, Cristina Rota ou os chilenos La Mona Ilustre son algunhas das propostas que se poderán ver na edición número 22 do Festival Outono de Teatro de Carballo. En total serán trinta espectáculos, entre elas unha estrea estatal e cinco galegas, e mais 50 actividades as que se dan cita no evento, considerado unha das citas fundamentais da escena do paÃs. A manter os seus eixes de Programa de Sala, o Ciclo OTNI, centrado en propostas contemporáneas e a Rúa dos Contos, onde se levarán aos bares espectáculos de narración oral, regueifa, maxia cabaré ou tÃteres. Como eixe transversal, a edición escolleu o tema "das igualdades ou semellanzas, diferencias ou diversidade que existen entre as parellas presuntamente de iguais", unha cuestión que se trata de xeito directo ou indirecto na maior parte das obras. O programa desenvolverase entre o 3 de outubro e o 3 de novembro.