As curtas voltan a Bueu

Francisco López Riopedre e Carlos Abeijón gañan o Seara.mov

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
As curtas voltan a Bueu

Bueu acolle desde hoxe a sexta edición de FICBueu, o festival internacional de curtametraxes. Ata o vindeiro día 7 de setembro proxectaranse as 25 producións que participan nesta xeira do evento, con O xigante como única representación galega. Pola súa banda, outro festival dedicado aos pequenos formatos, o Seara.mov, que se celebrou no espazo vigués Detrás do MARCO entre os pasados días 29 e 31, entreou os seus premios o pasado sábado. Francisco López Riopedre impúxose nas curtas con W T R N mentres no campo dos videoclips o premio foi Carlos Abeijón, con Killer.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Seara, FICBueu, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)