O luns comeza en Bueu a primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes. Un evento que organiza a produtora MelodÃa Visual e o concello co interese de recuperar un acontecemento que se desenvolveu nesta localidade pontevedresa ata hai dous anos. Un total de 24 curtametraxes compiten polos 2.000 euros en premios (mellor curta, premio especial do xurado, do público, curtametraxe galega) dun certame que nace co interese de conseguir unha maior visibilidade deste tipo de formatos. Desde o luns 8 ata o venres 12, o Centro Social do Mar acollerá a proxección de cinco traballos diarios (ás 21:30 horas), mentres que o sábado terá lugar a gala de clausura coa entrega dos premios.
Programa do Festival.