Fina en Lugo o político e galeguista Benxamín Casal

Era presidente da Editorial Galaxia e director da Enciclopedia Galega

30/8/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedadehistoriapatrimonio
34 lecturas | Compartido 0 veces
Benxamín Casal finou esta mañá en Lugo. Era enxeñeiro agrónomo e economista e desenvolveu parte da súa carreira profesoianl na administración pública. Na etapa preautonómica mativo unha destacada presenza pública xa que foi conselleiro de Enerxía e Industria sendo despois deputado no Parlamento (1981-1985) polo PsdG-PSOE. No eido cultural desenvolveu un intenso labore en diferentes frontes como no grupo Brais Pinto ou no Círculo das Artes de Lugo onde foi presidente. Estivo moi vencellado á editorial Galaxia, onde estivo primeiro como vicepresidente e, posteriormente como presidente, cargo que ocupaba ata hoxe. Desde 2003 era o director da Enciclopedia Galega.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares