Expertos e responsables de museos revisan a función social e rendibilidade destes centros

A cita, organizada polo Consello da Cultura, terá lugar o 25 e 26 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ha de ser a rendibilidade económica ou as cifras de visitantes os criterios que fan exitoso a un museo? Estas é unha das preguntas que se pretenden responden no marco da xornada "Os Museos na sociedade actual. A situación en Galicia", que se celebrará no Consello da Cultura Galega (CCG) os vindeiros 25 e 26 de setembro. A sustentabilidade dos museos, a necesidade de novos valedores institucionais e unha análise da situación actual dos museos galegos fan parte do programa desta xornada. E para falar do tema, especialistas na materia chegados de diferentes países xunto cos titulares dalgúns dos centros museísticos do país. A inscrición ao encontro está aberta e pódese facer a través do web do CCG.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)