Os profesionais da cultura denuncian por contratacións

A música reclama polas festas de Vigo e o audiovisual pola serie El Faro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Asociación Galega de Empresas Musicais acaba de emitir un comunicado denunciando a contratación de artistas foráneos. En concreto é a contratación de Melendi por segunda vez en cinco meses para actuar as festas de Vigo a situación que denuncia este colectivo. Segundo sinalan desde AGEM "non resulta comprensible que nun momento de escaseza de recursos económicos das distintas administracións e da sociedade en xeral, ó Concello aposte pola repetición con recursos públicos dun mesmo espectáculo", e lembra a importancia de Vigo como motor da música galega.

Pola súa banda, a Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego realizaba esta mañá unha rolda de prensa na que denunciou a pésimas condicións laborais dos traballadores da serie El Faro. Esta produción, en rodaxe, está a ser realizada para as televisións autonómicas do Estado polas firmas galegas Agallas Films, Zenit TV, Cinemar e Pórtico, que están a incumprir os convenios e a contratar profesionais por baixo do estipulado. Ademais, segundo sinalan desde esta coordinadora, a serie non reflicte ningún elemento propio das comunidades onde será emitida, o que choca coa propia Lei de creación da CRTVG.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Espectáculo, Asociación Galega de Empresas Musicais, CRTVG...